NOME: Irmás
de Caridade de San Vicente da Paúl.
DATAS: 1956
– Actualidade
Esta congregación relixiosa, con presenza en 93 países,
está en Carballo dende o ano 1956,
cando María Carracedo Viña, loitou
para traer algo a Bergantiños que permitise estudar ás nenas da zona que non
tiñan nada. Viñeron tres irmás, hosperdáronse nunha casa da Rúa Vázquez de
Parga e daban clase na zona dos Baños Vellos.
No ano 1958 o edificio onde están hoxe, xa estaba en pé, e
alí acollían a fillos de emigrantes e
nenas e nenos que o precisaban. Daban clases de primaria e Bacharelato, e as nenas e nenos examinábanse na Coruña
por libre.
A principos dos anos 70 converteuse nun internado ao que chegaban nenas de toda a zona noroeste de España.
Anos despois seguiu a acoller nenos enviados polos
servicios socias, e as irmás encargábanse de levalos á escola Fogar ou ao
instituto. Eses nenos viven alí de luns a venres, e vanse na fin de semana para
estar coas súas familias.
No ano 2005 esta
congregación recibiu o premio Príncipe
de Asturias da Concordia, polo seu traballo continuo en prol dos
necesitados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario