domingo, 18 de febreiro de 2018

Matilde Vilariño Pose - Unha poeta agochada durante anos.


NOME: Matilde Vilariño Pose.                

DATAS:  1944 – Actualidade.


Fotografía "El Correo Gallego"
                                                                 

VIDA:
Naceu en Cabana de Bergantiños, no lugar de Borneiro.
Con 3 anos xa recitaba de memoria a García Lorca.
Aos 11 anos tivo que deixar a escola para encargarse do gando e das labores do campo.
EN QUE DESTACOU:
Matilde é poeta e pintora. Dende nena escribía poemas pero como os seus pais non querían que escribira, unha vez escritos tirábaos ao lume. Di que pensaba que se a Rosalía de Castro lle chamaban tola,que non habían dicir dela.
No ano 2010 un dos seus netos atopou sobre a mesa uns poemas que acababa de escribir e que deixara alí para saír a mercar o pan. Él preguntoulle que era aquelo, e Matilde respondeulle que nada, que o ía tirar no lume. O neto pediulle que non o tirara, que se quería quedar con él, e que lle había gardar o segredo. Mais pasado un tempo, o rapaz comentouno co seu irmán e entre os dous convenceron a Matilde de que aqueles poemas debían ser conservados. A partir de aí os netos encargábanse de dixitalizar todo canto Matilde ía escribindo.
OUTROS DATOS:
Unha parte dos poemas de Matilde están recollidos nun libro que editou o concello de Cabana  “Poetas populares de Cabana de Bergantiños”.
Dende o ano 2011 tamén pinta, outra das súas grandes paixóns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario