domingo, 18 de febreiro de 2018

Fina Rey - A vocación da docencia.



NOME: Josefina Rey Baldomir               

DATAS:19XX-Actualidade.                                                                                                                                 

Fotografía "La Voz de Galicia"


VIDA:

Naceu en Carballo, no seo dunha das familias máis coñecidas da Vila, a de “Casa Rey”.


Tras cursar o bacharelato na Academia Leus, fixo maxisterio na Coruña. Unha vez rematada a carreira pasou por destinos que a foron marcando ao seu modo, como persoa e como docente. O primeiro destino foi lonxe da súa casa, San Clemente de Cesar, en Caldas de Reis; De Caldas pasou ao corazón de Galicia, Santa Mariña de Pescoso, no concello de Rodeiro. E desde aí xa veu para a Comarca de Bergantiños, dando clases durante un curso na parroquia de Langueirón, en Ponteceso. Desde 1972 a 1980 ensinou en Ponteceso, e xusto ao ano seguinte, veu definitivamente para Carballo, formando parte do equipo educativo do Colexio Bergantiños. Neste centro botou raíces no, ata a súa xubilación. Foi directora, xefa de estudios, aínda que por riba de todo,unha mestra para os seus alumnos.


Pero a contribución de Fina Rey ao desenvolvemento de Carballo non se queda só no mundo educativo, senón que tamén se extende ao ámbito pastoral, social, cultural, e de axuda aos demais. Forma parte da Asociación Antidroga Vieiro desde os seus inicios, foi una das impulsoras das Escolas de pais e  actualmete é a presidenta desta asocación.


É a directora do programa “Carballo de Arriba” da Parroquia de Carballo, co que se pretende ofrecer un apoio aos adolescentes de familias desestructuradas e de nivel socioeconómico baixo, co fin de sacar adiante os seus estudios, así como introducir no mundo laboral a mozos sen ningún tipo de titulación académica nin formativa; e preténdese tamén atender a esas familias con ofertas de cursos de xestión e mellora da comunicación nos fogares.


No 2008 recibiu o premio Carballesa do ano. E a finais do 2017 foi recoñecida polo Vaticano coa medalla “Pro Ecclesia et Pontifice”, pola súa labor dentro da Parroquia San Xoán Bautista, tanto en Cáritas coma no Centro Social

Ningún comentario:

Publicar un comentario