xoves, 11 de xaneiro de 2018

Asunción Antelo – A “Rexubeira” de Bergantiños.


NOME: Asunción Antelo – A “Rexubeira” de Bergantiños.              

DATAS: 1919 – 2016
 
Fotografía "La Voz de Galicia"
 

VIDA:

Naceu en Segufe, parroquia de Seavia no concello de Coristanco. Sempre dicía; “Eu nacín antes de tempo”, xa que naquela época as nenas e nenos case non iban á escola porque tiñan que axudar nos traballos do campo e a cuidar o gando, e as mulleres levaban toda a carga das labores domésticas, lavaban a roupa no río, tiñan que facer o lume e cociñar, e fregar todo á man.

Así que cando Asunción, xa ben moza, empezou a ler, tiña que facelo polas noites, una vez todo o traballo estaba feito e sacándolle horas ao sono. Liu a Rosalía, Castelao, Pondal… E despois comezou a escribir, enchía libretas de poemas e textos.

Sobretodo, ela viviu a súa vida con tranquilidade, orgullo e liberdade.

Asunción morreu no ano 2016, aos 97 anos, tras dous meses ingresada no hospital por doenzas propias da idade.

EN QUE DESTACOU:

Tiña alma de artista, esculpía pedra, barro e sobretodo madeira, especialmente as raíces, coas que creaba fermosas formas. A súa ilusión era crear un museo, e logrouno! na súa casa moita xente entraba a ver as súas obras, incluso os colexios facían excursións para visitala e ver o que facía.

Tamén escribía, chegou a publicar dous libros: “Páxinas da Rexubeira de Bergantiños” e “As penurias dun amor”

OUTROS DATOS:

A biblioteca do CEIP Xosé Pichel de Coristanco leva o seu nome.

No 2017, xa tras a súa morte, o día 8 do 8 ás 8, xusto o día e hora no que Asunción cumpliría 98 anos, presentouse un libro que recolle a súa obra, é un catálogo no que outra muller, Cristina Abelleira, recolle as pezas que Asunción tiña no seu museo, e que decidiu facer cando viu que algunas das obras máis vellas comezaban a deteriorarse. Así aínda que as pezas se deterioren até perderse, sempre poderemos disfrutar delas.

Rexoubeira: segundo a segunda acepción do diccionario da RAG significa; persoa que se divirte con alegría e bulicio. Aínda que a forma correcta é rexoubeira, ela dicía, e así consta no título do seu libro, “rexubeira”, que é a forma na que se di na zona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario