NOME: Patricia
Mañana Borrazás
DATAS: 1975
– Actualidade
![]() |
Fotografía "La Voz de Galicia" |
VIDA:
Naceu na Coruña, mais sempre se sentiu carballesa. A súa
nai era de San Miguel de Vilela,
lugar onde ela planea ir vivir.
En Vilela hai un castro, algo que a Patricia, de nena, lle
chamou moito a atención, e que a marcou tanto coma para acabar estudando a carreira de Historia na Universidade de
Santiago.
EN QUE
DESTACOU:
Patricia foi quen descubriu os Petroglifos de Corme. No ano 1997 para levar a cabo un traballo
persoal na Universidade, desplazouse a Corme. Pasou tempo andando polos montes
da zona, e preguntando aos vecinos. E un día atopou a estación de petroglifos da Fieiteira, e tamén descubiru o Petón da Compañía.
Aqueles descubrimentos foron moi importantes, tanto polo
tipo de petroglifos e os motivos que teñen, coma pola cantidade que hai.
Cando rematou a carreira empezou a traballar na
Universidade de Santiago, espcializouse
en megalitismo e na aplicación das tecnoloxías ao estudo do patrimonio.
A asociación cultural Colectivo a Rula fai visitas guiadas para coñecer os petroglifos de Corme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario