NOME: Josefina
Rey Baldomir
DATAS:19XX-Actualidade.
–
![]() |
| Fotografía "La Voz de Galicia" |
Naceu en Carballo, no seo dunha das familias
máis coñecidas da Vila, a de “Casa Rey”.
Tras cursar o bacharelato na Academia Leus, fixo maxisterio na Coruña. Unha vez rematada a carreira pasou por destinos que a foron marcando ao seu modo, como persoa e como docente. O primeiro destino foi lonxe da súa casa, San Clemente de Cesar, en Caldas de Reis; De Caldas pasou ao corazón de Galicia, Santa Mariña de Pescoso, no concello de Rodeiro. E desde aí xa veu para a Comarca de Bergantiños, dando clases durante un curso na parroquia de Langueirón, en Ponteceso. Desde 1972 a 1980 ensinou en Ponteceso, e xusto ao ano seguinte, veu definitivamente para Carballo, formando parte do equipo educativo do Colexio Bergantiños. Neste centro botou raíces no, ata a súa xubilación. Foi directora, xefa de estudios, aínda que por riba de todo,unha mestra para os seus alumnos.
Pero a contribución de Fina Rey ao desenvolvemento de Carballo non se queda só no mundo educativo, senón que tamén se extende ao ámbito pastoral, social, cultural, e de axuda aos demais. Forma parte da Asociación Antidroga Vieiro desde os seus inicios, foi una das impulsoras das Escolas de pais e actualmete é a presidenta desta asocación.
É a
directora do programa “Carballo de Arriba” da Parroquia de Carballo, co que
se pretende ofrecer un apoio aos adolescentes de familias desestructuradas e de
nivel socioeconómico baixo, co fin de sacar adiante os seus estudios, así como
introducir no mundo laboral a mozos sen ningún tipo de titulación académica nin
formativa; e preténdese tamén atender a esas familias con ofertas de cursos de
xestión e mellora da comunicación nos fogares.
No 2008 recibiu o premio Carballesa do ano. E a finais do 2017 foi recoñecida polo Vaticano
coa medalla “Pro
Ecclesia et Pontifice”, pola súa labor
dentro da Parroquia San Xoán Bautista, tanto en Cáritas coma no Centro Social
