NOME: María Varela Bardanca.
DATAS: 1972-Actualidade
![]() |
Fotografía "La Voz de Galicia" |
VIDA:
Naceu en Carballo, criouse na Rúa Rosalía de Caatro, onde
xogaba cos demáis nenos da zona. Conta que iban camiñando cara a escola e xa
iban argallando as pachangas para o
recreo e para a tarde. Daquelas o habitual era que os nenos máis maiores
tiveran conta dos pequenos, o seu irmán levábaa con él e sentábaa a mirar como
xogaban ao fútbol, e xa de máis maior, se lles faltaba un para xogar metíana a
ela. Así foi nacendo a súa paixón polo fútbol.
EN QUE
DESTACOU:
Destacou no fútbol
sala.
Con 13 anos comezou a entrenar no Karbo da Coruña, aínda que non podía competir, xa
que a idade mínima para eso eran os 15 anos. Alí iba entrenar coa súa amiga
Chus, outra futbolista destacada de Carballo, xa falecida. Ao saír da escola as
dúas collían o bus e voltaban da Coruña no último bus que volvía a Carballo.
Xogou oito tempadas no Sar Lence da Coruña, equipo que foi
recoñecido coma o “Dream Team” do fútbol sala feminino. En él gañou; tres copas
da Raíña, un título nacional de liga e catro galardóns coa selección autónomica.
Formou parte da selección galega e da selección nacional.
Na selección nacional estivo na primeira convocatorio oficial.
Outros equipos nos que xogou foron; o Meirás (tempadas
99-00, 01-02 e 03-04), o Ourense (tempadas 00-01 e 01-02), Funeraria Apóstolo
de Santiago (tempada 04-05), Aguiño de fútbol campo.
En 2007 foi nomeada mellor
futbolista da historia de Carballo.
En 2008 chegou a ser seleccionadora
galega de fútbol sala.
OUTROS
DATOS:
Estudou INEF (ciencias da actividade física), é profesora e
sigue en contacto co fútbol entrenado a nenas e nenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario