Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Cristina Rodríguez - Unha rockeira entre gaiteiros.


NOME: Cristina Rodríguez                      

DATAS: 19XX – Actualidade                                                                       

Fotografía "La Voz de Galicia"


VIDA:

Naceu en Carballo, nunha familia moi ligada á música, a dos Mestres artesáns da gaita de “Musical J&R”.

Ten a carreira de música e varios mástres en música clásica, mais o que realmente lle gusta é o rock e o heavy.

Con tres anos xa tentaba tocar nun teclado de xoguete, e aos cinco anos comezou a ir a clases de música.


EN QUE DESTACOU:

Dende sempre destacou na música, e a día de hoxe é a única teclista española de “Rocking´1000”, a banda de músicos máis grande do mundo, composta por 1200 músicos de todo o mundo, na mentras, sigue formándose como música cos mellores Mestres.

A pesar de non seguir os pasos da familia, e decantrase por un estilo tan diferente, a súa familia está moi orgullosa dela, van vela aos concertos sempre que poden, e di que o seu pai é o seu maior fan.


OUTROS DATOS:

Dende o ano 2016 é educadora de nenos en risco de exclusión social no Fogar Santa Margarida da Coruña, alí vai todos os sábados como voluntaria a dar clases de música.

luns, 15 de xaneiro de 2018

Matilde de Limiñoa - Memoria da nosa música tradiconal.


NOME: Matilde Castro García – Matilda de Limiñoa                          

DATAS: 1937 – 2016  

  
Fotografía "La Voz de Galicia"
                                                               


VIDA:

Naceu en Ponteceso, no lugar de Limiñoa. Dende pequena tivo contacto coa música e o baile como parte das tarefas diarias. Contaba que se xuntaban para a fía, para as labores do campo, ou para o traballo doméstico, e todas as mulleres cantaban, bailaban e tocaban.


EN QUE DESTACOU:

Foi unha grande cantareira e pandereteira, atesouraba a memoria da música tradicional da zona.

Coñecedora de moitos bailes e cantigas, no ano 1989, decidiu crear un grupo para rememorar aqueles tempos nos que se xuntaban para cantar, tocar e bailar. O grupo chamouse “Raíces combinadas de Limiñoa”, durante anos xuntáronse no garaxe de Matilde para ensaiar.

Transmitiu todo o seu coñecemento a cantos pasaron polo seu garaxe, xente de todo o mundo estivo alí con un programa da Xunta de Galicia que tentaba amosar a nosa culura aos mozos doutros países.

Escribiu un libro no que se recollen moitas das cantigas que ela cantaba, e cando faleceu tiña case listo outro que non chegou a publicarse.


OUTROS DATOS:

Todos recordan dela o boa anfitriona que era, que lles facía empanadas, tortillas e doces para comer nos días de ensaios.

 
Dende Limiñoa ó fin do mundo

Pandereteiras de Limiñoa na TVG