NOME: Asunción Antelo – A “Rexubeira”
de Bergantiños.
DATAS: 1919 – 2016
![]() |
Fotografía "La Voz de Galicia" |
VIDA:
Naceu en Segufe, parroquia de Seavia no concello de Coristanco. Sempre dicía; “Eu nacín antes de tempo”, xa que
naquela época as nenas e nenos case non iban á escola porque tiñan que axudar
nos traballos do campo e a cuidar o gando, e as mulleres levaban toda a carga
das labores domésticas, lavaban a roupa no río, tiñan que facer o lume e
cociñar, e fregar todo á man.
Así que cando Asunción, xa ben moza, empezou a ler, tiña
que facelo polas noites, una vez todo o traballo estaba feito e sacándolle
horas ao sono. Liu a Rosalía, Castelao, Pondal… E despois comezou a escribir,
enchía libretas de poemas e textos.
Sobretodo, ela viviu a súa vida con tranquilidade, orgullo e liberdade.
Asunción morreu no
ano 2016, aos 97 anos, tras dous meses ingresada no hospital por doenzas
propias da idade.
EN QUE
DESTACOU:
Tiña alma de artista,
esculpía pedra, barro e sobretodo madeira, especialmente as raíces, coas que
creaba fermosas formas. A súa ilusión era crear un museo, e logrouno! na súa
casa moita xente entraba a ver as súas obras, incluso os colexios facían
excursións para visitala e ver o que facía.
Tamén escribía, chegou a publicar dous libros: “Páxinas da Rexubeira de Bergantiños” e
“As penurias dun amor”
OUTROS
DATOS:
A biblioteca do CEIP Xosé Pichel de Coristanco leva o seu
nome.
No 2017, xa tras a súa morte, o día 8 do 8 ás 8, xusto o
día e hora no que Asunción cumpliría 98 anos, presentouse un libro que recolle
a súa obra, é un catálogo no que outra muller, Cristina Abelleira, recolle as
pezas que Asunción tiña no seu museo, e que decidiu facer cando viu que algunas
das obras máis vellas comezaban a deteriorarse. Así aínda que as pezas se deterioren
até perderse, sempre poderemos disfrutar delas.
Rexoubeira:
segundo a segunda acepción do diccionario da RAG significa; persoa que se divirte con alegría e bulicio. Aínda que a forma
correcta é rexoubeira, ela dicía, e así consta no título do seu libro, “rexubeira”, que é a forma na que se di
na zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario