domingo, 18 de febreiro de 2018

Matilde Vilariño Pose - Unha poeta agochada durante anos.


NOME: Matilde Vilariño Pose.                

DATAS:  1944 – Actualidade.


Fotografía "El Correo Gallego"
                                                                 

VIDA:
Naceu en Cabana de Bergantiños, no lugar de Borneiro.
Con 3 anos xa recitaba de memoria a García Lorca.
Aos 11 anos tivo que deixar a escola para encargarse do gando e das labores do campo.
EN QUE DESTACOU:
Matilde é poeta e pintora. Dende nena escribía poemas pero como os seus pais non querían que escribira, unha vez escritos tirábaos ao lume. Di que pensaba que se a Rosalía de Castro lle chamaban tola,que non habían dicir dela.
No ano 2010 un dos seus netos atopou sobre a mesa uns poemas que acababa de escribir e que deixara alí para saír a mercar o pan. Él preguntoulle que era aquelo, e Matilde respondeulle que nada, que o ía tirar no lume. O neto pediulle que non o tirara, que se quería quedar con él, e que lle había gardar o segredo. Mais pasado un tempo, o rapaz comentouno co seu irmán e entre os dous convenceron a Matilde de que aqueles poemas debían ser conservados. A partir de aí os netos encargábanse de dixitalizar todo canto Matilde ía escribindo.
OUTROS DATOS:
Unha parte dos poemas de Matilde están recollidos nun libro que editou o concello de Cabana  “Poetas populares de Cabana de Bergantiños”.
Dende o ano 2011 tamén pinta, outra das súas grandes paixóns.

Fina Rey - A vocación da docencia.



NOME: Josefina Rey Baldomir               

DATAS:19XX-Actualidade.                                                                                                                                 

Fotografía "La Voz de Galicia"


VIDA:

Naceu en Carballo, no seo dunha das familias máis coñecidas da Vila, a de “Casa Rey”.


Tras cursar o bacharelato na Academia Leus, fixo maxisterio na Coruña. Unha vez rematada a carreira pasou por destinos que a foron marcando ao seu modo, como persoa e como docente. O primeiro destino foi lonxe da súa casa, San Clemente de Cesar, en Caldas de Reis; De Caldas pasou ao corazón de Galicia, Santa Mariña de Pescoso, no concello de Rodeiro. E desde aí xa veu para a Comarca de Bergantiños, dando clases durante un curso na parroquia de Langueirón, en Ponteceso. Desde 1972 a 1980 ensinou en Ponteceso, e xusto ao ano seguinte, veu definitivamente para Carballo, formando parte do equipo educativo do Colexio Bergantiños. Neste centro botou raíces no, ata a súa xubilación. Foi directora, xefa de estudios, aínda que por riba de todo,unha mestra para os seus alumnos.


Pero a contribución de Fina Rey ao desenvolvemento de Carballo non se queda só no mundo educativo, senón que tamén se extende ao ámbito pastoral, social, cultural, e de axuda aos demais. Forma parte da Asociación Antidroga Vieiro desde os seus inicios, foi una das impulsoras das Escolas de pais e  actualmete é a presidenta desta asocación.


É a directora do programa “Carballo de Arriba” da Parroquia de Carballo, co que se pretende ofrecer un apoio aos adolescentes de familias desestructuradas e de nivel socioeconómico baixo, co fin de sacar adiante os seus estudios, así como introducir no mundo laboral a mozos sen ningún tipo de titulación académica nin formativa; e preténdese tamén atender a esas familias con ofertas de cursos de xestión e mellora da comunicación nos fogares.


No 2008 recibiu o premio Carballesa do ano. E a finais do 2017 foi recoñecida polo Vaticano coa medalla “Pro Ecclesia et Pontifice”, pola súa labor dentro da Parroquia San Xoán Bautista, tanto en Cáritas coma no Centro Social

xoves, 8 de febreiro de 2018

Patricia Mañana Borrazás - Un descubrimento arqueolóxico sorprendente.


NOME: Patricia Mañana Borrazás                     

DATAS: 1975 – Actualidade              
Fotografía "La Voz de Galicia"
                                                         

VIDA:

Naceu na Coruña, mais sempre se sentiu carballesa. A súa nai era de San Miguel de Vilela, lugar onde ela planea ir vivir.

En Vilela hai un castro, algo que a Patricia, de nena, lle chamou moito a atención, e que a marcou tanto coma para acabar estudando a carreira de Historia na Universidade de Santiago.


EN QUE DESTACOU:

Patricia foi quen descubriu os Petroglifos de Corme. No ano 1997 para levar a cabo un traballo persoal na Universidade, desplazouse a Corme. Pasou tempo andando polos montes da zona, e preguntando aos vecinos. E un día atopou a estación de petroglifos da Fieiteira, e tamén descubiru o Petón da Compañía.

Aqueles descubrimentos foron moi importantes, tanto polo tipo de petroglifos e os motivos que teñen, coma pola cantidade que hai.

Cando rematou a carreira empezou a traballar na Universidade de Santiago, espcializouse en megalitismo e na aplicación das tecnoloxías ao estudo do patrimonio.
A asociación cultural Colectivo a Rula fai visitas guiadas para coñecer os petroglifos de Corme.


xoves, 25 de xaneiro de 2018

Carmen Isabel Labrador Fariña - Primeira muller oleira de Buño.


NOME: Carmen Isabel Labrador Fariña           

DATAS: 19XX – Actualidade    
                                                                   

VIDA:

Carmen Isabel naceu en Buño, mais non nunha familia de oleiros, o que fai máis curioso aínda, que acabase sendo a primeira muller oleira, xa que esta era una profesión que pasaba aos fillos varóns, dentro das familias de oleiros.


EN QUE DESTACOU:

Carmen Isabel foi a primeira muller oleira de Buño ademais de ser a actual presidenta da Asociación Oleira de Buño.

É unha oleira autodidacta, e deu pulo e practicismo ao barro, artellando pezas de uso comercial e decorativo de cada vez maior presenza. Carácter e singularidade na cor son dúas das súas características.

Rexenta unha tenda e obradoiro, O Falsete, no que se pode admirar a súa cerámica, mercala, ou visitar o obradoiro para coñecer o proceso de creación.

Como presidenta da Asociación Oleira, loita porque dende a Xunta de Galicia se aposte pola olería de Buño, se faga publicidade, e se leve esta cerámica polo mundo para dala o coñecer.

Na mentras eso non pasa, cada ano organiza, xunto cos demáis oleiros, a Mostra da Olería de Buño, co fin de que a xente se achegue a esta vila para coñecela.


OUTROS DATOS:

Se ben a olería era un oficio de homes, cabe mencionar que se coñece do traballo que exercían as mulleres dende o princpio, mais sempre considerando o traballo delas coma una colaboración, ou traballo auxiliar.

Na web do obradoiro de Carmen Isabel, https://www.ofalsete.com/, ela ten a ben destacar que as mulleres sempre fixeron olería, e a pesar de que non se lles permitía usar a roda, que era a peza central do traballo oleiro, o traballo das mulleres contribuiu, tanto coma o dos homes, a que a olería de Buño seguise viva até o día de hoxe.

Cristina Rodríguez - Unha rockeira entre gaiteiros.


NOME: Cristina Rodríguez                      

DATAS: 19XX – Actualidade                                                                       

Fotografía "La Voz de Galicia"


VIDA:

Naceu en Carballo, nunha familia moi ligada á música, a dos Mestres artesáns da gaita de “Musical J&R”.

Ten a carreira de música e varios mástres en música clásica, mais o que realmente lle gusta é o rock e o heavy.

Con tres anos xa tentaba tocar nun teclado de xoguete, e aos cinco anos comezou a ir a clases de música.


EN QUE DESTACOU:

Dende sempre destacou na música, e a día de hoxe é a única teclista española de “Rocking´1000”, a banda de músicos máis grande do mundo, composta por 1200 músicos de todo o mundo, na mentras, sigue formándose como música cos mellores Mestres.

A pesar de non seguir os pasos da familia, e decantrase por un estilo tan diferente, a súa familia está moi orgullosa dela, van vela aos concertos sempre que poden, e di que o seu pai é o seu maior fan.


OUTROS DATOS:

Dende o ano 2016 é educadora de nenos en risco de exclusión social no Fogar Santa Margarida da Coruña, alí vai todos os sábados como voluntaria a dar clases de música.

martes, 23 de xaneiro de 2018

María del Carmen Suárez Baneira - Primeira patroa maior dunha cofraría na Costa da Morte.


NOME: María del Carmen Suárez Baneira                  

DATAS: 19XX – Actualidade                                                                       



VIDA:

Naceu en Corme, e adicousa ao mar dende ben nova. É percebeira dende o ano 1986.


EN QUE DESTACOU:

No ano 2012, Mari Carmen foi elexida Patroa Maior da Cofraría de Corme, converténdose así na primeira muller da Costa da Morte en ostentar este cargo, que tradiconalmente ocupaban homes, especialmente armadores.
Mari Carmen di sentirse moi cómoda neste posto, e levarse moi ben con todos os integrantes da

venres, 19 de xaneiro de 2018

Xanel Vecino - Investigando para unha agricultura máis sostible.


NOME: Xanel Vecino Bello                     

DATAS: 19XX – Actualidade         
                                                              

VIDA:

Nacida en Carballo. Estudou Enxeñería Química.

Actualmente vive en Vigo e traballa no departamento de enxeñería química da Universidade desa cidade.



EN QUE DESTACOU:

Cando facía a súa tese de doutoramento fixo un gran descubrimento, logrou convertir os residuos das vides e do millo en deterxentes e outras substancias naturais utilizadas na industria cosmética e farmacéutica.

Actualmente continua con estas investigacións, nas que logrou que extraer esas substancias teña un coste menor, a corde ás necesidades do mercado, de tal xeito que resulte interesante para as industrias.

Estas investigación permiten darlle un valor aos residuos das colleitas de vide e millo, que soen queimarse vertendo á atmosfera contaminantes que contribuen ao efecto invernadoiro. Permitindo que a agricultura sexa máis sostible.