venres, 12 de xaneiro de 2018

Rosa de Corcoesto - Inspiración de Eduardo Pondal.


NOME: Rosa de Corcoesto                     

DATAS: Século XIX




A HISTORIA 

Rosa, ou o máis probable Carme da Ponte, era unha veciña de Corcoesto, Era unha rapaza fermosa e moi pobre.

Rosa era unha muller transgresora e loitadora. Tivo dúas fillas co home que ela quixo, sen casar, o cal era un estigma naquela época. Era unha boa coñecedora das herbas e dos seus poderes curativos e sanadores. Exercía de curandeira e chegou a rexentar un pequeno balneario á beira da Regueira, aproveitando que coñecía as propiedades curativas daquelas augas, e que na beira da súa casa había tamén unha fonte de augas sulfurosas. Incluso chegou a ter unha taberna.

Os coñecementos dos que dispoñía sobre das plantas transmitíaos a outras mulleres, a quen ensinaba o seu poder curativo. Dispoñía dun secadoiro de pescado propio para as troitas, lampreas e salmóns que collía nas pesqueiras do río. E tamén cultivaba ostras de auga doce no río Cardezo, que repartía con outras mulleres, a quen aconsellaba tomalas para reforzar as defensas e o sistema inmunolóxico.

Rosa tivo dúas fillas a quen lles pagou o billete para embarcar para as Américas. Consideraba que no país non había futuro para elas. Unha delas, Isabel, finou ao pouco de chegar a México, procedente da Habana. A outra, Antonia, tomaría os hábitos para entrar de monxa nun convento. Mais Antonia regresou ao cabo dos anos para coidar a súa nai enferma antes de morrer. Ao finar Rosa, a súa filla Antonia abandonaría a casa da Regueira para vivir nun local anexo á igrexa parroquial de Corcoesto, e desenvolver na parroquia a súa labor de axuda aos pobres e coidar o camposanto.

Historia publicada por Ismael Pérez López, podedes lela premendo AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario