NOME: Matilde
Castro García – Matilda de Limiñoa
DATAS: 1937
– 2016
VIDA:
Naceu en Ponteceso,
no lugar de Limiñoa. Dende pequena
tivo contacto coa música e o baile como parte das tarefas diarias. Contaba que
se xuntaban para a fía, para as labores do campo, ou para o traballo doméstico,
e todas as mulleres cantaban, bailaban e tocaban.
EN QUE
DESTACOU:
Foi unha grande cantareira
e pandereteira, atesouraba a memoria da música tradicional da zona.
Coñecedora de moitos bailes e cantigas, no ano 1989, decidiu
crear un grupo para rememorar aqueles tempos nos que se xuntaban para cantar,
tocar e bailar. O grupo chamouse “Raíces
combinadas de Limiñoa”, durante anos xuntáronse no garaxe de Matilde para
ensaiar.
Transmitiu todo o seu coñecemento a cantos pasaron polo seu
garaxe, xente de todo o mundo estivo alí con un programa da Xunta de Galicia
que tentaba amosar a nosa culura aos mozos doutros países.
Escribiu un libro no que se recollen moitas das cantigas
que ela cantaba, e cando faleceu tiña case listo outro que non chegou a
publicarse.
OUTROS
DATOS:
Todos recordan dela o boa anfitriona que era, que lles
facía empanadas, tortillas e doces para comer nos días de ensaios.
Pandereteiras de Limiñoa na TVG
Ningún comentario:
Publicar un comentario